O BNG de Baralla bota en falta nos orzamentos partidas para o polígono e o centro de día

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

30 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

No pleno de debate dos presupostos, celebrado no Concello de Baralla a última hora da tarde do venres, o voceiro nacionalista acusou ao alcalde de «dinamitar o futuro do concello cuns orzamentos sen iniciativa». Xosé Manuel Becerra considera grave que nun orzamento de 1,6 millóns non haxa «nin un euro para o polígono industrial, nin para o centro de día, nin para conservación de pistas. Tampouco se inclúen medidas anticrise de cobertura dos máis necesitados e faltan propostas para que a nosa mocidade poida vivir e traballar en Baralla».

O BNG presentou diversas emendas ao orzamento co obxectivo de incluír partidas específicas que incidan na creación de emprego. Así mesmo, defendeu un aumento da partida dedicada a servizos sociais e cantidades específicas para a posta en marcha de solo industrial, para o desenvolvemento do centro de día, e para a posta en valor ambiental e turística do río Neira. Dado que o alcalde non quixo discutir nin aceptar ningunha destas propostas, o BNG rexeitou os orzamentos.