Alberto Golpe amosa esta semana en Lugo vinte traxes tradicionais da súa colección


As primeiras mostras gráficas de roupa tradicional remóntanse ao século XVIII. Os labores típicos de cada zona, os costumes, e as condicións económicas determinaban as diferenzas na forma de vestir. Diferenzas que se poden apreciar na exposición de traxes tradicionais galegos que se pode visitar durante esta semana na sala de exposicións do complexo xuvenil Lug II de Lugo, organizada pola Tradescola, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Nesta mostra, que está formada por un total de vinte traxes da colección de Alberto Golpe, pódese ver a diversidade do traxe tradicional galego e a súa riqueza etnográfica. En concreto, na exposición hai catro traxes antigos de muller de cerimonia de Betanzos, Meira, Cedeira e A Ulla; un traxe antigo montañés de Vilalba; tres reproducións. de traxes de cerimonia de muller de Bergantiños, Muros e Amaia; oito reproducións. de traxes montañeses de muller de Portomarín, Muras, Carballedo, Monterroso, Mesía, Abadín e Sarria, e catro traxes de home montañeses e de cerimonia, todos eles traxes completos, con calzado, complementos e adornos propios do vestir doutro tempo.

A maiores da exposición, o venres ás 18.30 terá lugar unha charla coloquio onde Alberto Golpe explicará aos asistentes a orixe e evolución histórica de cada unha das prendas e dos seus complementos, os seus materiais en función dos labores típicos, dos costumes, e da tradición ou condicións socioeconómicas da cada zona.

Alberto Golpe leva estudado e recuperado diversos traxes do século pasado, contribuíndo deste xeito a un mellor coñecemento da cultura popular galega, das orixes e das diferentes tipoloxías de traxes tradicionais galegos. Como recoñecemento ao seu labor acadou premios en distintos concursos como os do enxalzamento do traxe galego en Vigo e en Santiago.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Alberto Golpe amosa esta semana en Lugo vinte traxes tradicionais da súa colección