«Traballamos en varios proxectos, o máis próximo, un corto que será un anticipo dunha longametraxe»

Teresa Batán

LUGO

18 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O xove Diego gallego estudou nos últimos anos Produción Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente ten unha produtora que montou con dous compañeiros.

-¿Como se chama a produtora que fundaron?

-Puxémoslle Magnetova Entertainment.

-¿Quen formades parte da produtora?

-O director Javi Camino, a actriz Stela Sánchez, que se dedica á comunicación, e eu, que traballo a produción.

-Recentemente presentaron en Antas de Ulla o ciclo audiovisual «Maldito bastardo on tour», que pensan levar por diferentes concellos de Galicia e tamén a institutos. ¿En que consiste esta actividade?

-A actividade consiste nun seminario audiovisual e a proxección da longa metraxe Maldito bastardo e o corto Un chico raro , xunto cun videoclip do grupo coruñés Franc3s, que se emite actualmente en MTV España.

-¿De que falan no seminario programado?

-Divídese en tres partes: produción audiovisual en xeral, concretamente, desenvolvemento dun proxecto cinematográfico; a segunda parte está dedicada a como vendelo, unha vez feito, e por último, como facer cine con baixo presuposto, tirando coas teorías estándar da produción audiovisual.

-¿En que proxecto están traballando actualmente?

-Estamos en varias ideas, pero a máis cercana é unha curtametraxe que será como un anticipo dunha longametraxe que se chama Sete alfileres para míster plástico , na cal calquera persoa pódese converter en produtor magnético que quere dicir que a produtora da unha papeleta que te acredita para saír nos títulos de creto como produtor magnético. Daráselle un deuvedé da futura creación e entra nun sorteo. Tamén producimos viceoclip.