Presentan «Lugares», o número 14 da revista «Unión Libre»


Presentouse onte en Sargadelos o número 14 da revista Unión Libre. Cadernos de vida e culturas que leva por título Lugares . Neste monográfico, Carmen Blanco e Olga Novo ocúpanse de lugares de Galicia, mentres que María Lopo fala de Bretaña e Provenza. Pola súa parte, Claudio Rodríguez Fer escribe sobre Venecia, mentres que a profesora norteamericana Diana Conchado fala sobre Nova York. Dos países celtas, colaboran a poeta escocesa Meg Bateman e a cantautora bretona Nolwenn Korbell. O volume contén colages de Sara lamas e fotos de Natalia Regueiro. Tamén conta cunha ampla reportaxe sobre a bailarina alemá Regina Goerger actuando ao longo de África.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Presentan «Lugares», o número 14 da revista «Unión Libre»