Unha páxina web que reuniu cerca de de 1.200 sinaturas e mensaxes de diversos países

La Voz

LUGO

06 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A páxina creada polos admiradores de Novoneyra foi aberta no 2008 e logrou recoller cerca de 1.200 sinaturas en favor dun 17 de maio dedicado ao poeta courelao. Na web ficaron tamén rexistradas arredor dun millar de mensaxes de apoio, moitas delas remitidas por destacadas personalidades da cultura, entre as que figuraban desde o poeta arxentino Juan Gelman -premio Cervantes do 2007- ata o filólogo xaponés Takekazu Asaka, pasando por numerosos escritores de diversas áreas culturais e xeográficas como o portugués José Viale Moutinho, a vasca Itxaro Borda, os franceses Alain Jégou e Claude Royet-Journoud ou a italiana Donatella Bisutti.

Unha vez que os académicos galegos acordaron dedicar as celebracións deste ano a Uxío Novoneyra, algúns visitantes da páxina suxeriron dar continuidade á iniciativa con algo diferente. «Pretendemos que o que se organice o 9 de maio sexa simplemente unha homenaxe de toda a xente que se congregou espontamente en Internet para reivindicar a figura e a obra de Novoneyra», comentan os promotores do sitio web.

«Será esa mesma xente a que decida o que se vai facer e nós non non temos máis papel que o de facer de médiums, por dicilo dalgunha maneira», engaden os promotores.