Miro Casabella pregoará a mostra de instrumentos tradicionais

La Voz

LUGO

31 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Ao mesmo tempo que o festival de Pardiñas e no mesmo escenario celébrase a Mostra de instrumentos de música tradicional, que organiza a Asociación de gaiteiros galegos e que contará cuns vinte artesáns.

Esta mostra, que terá como pregoeiro a Miro Casabella -o sábado ás 17.30-, inclúe unha serie de obradoiros, coma o de regueifas, que protagonizarán Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira. Este será o sábado pola tarde, e o domingo haberá dous: un de treboada, con Oli Xiráldez, e outro de baile tradicional, con Pablo Díaz.

As actuacións musicais propostas polos organizadores da mostra son as do grupo Tanto nos ten, o sábado ás 19.00, e de Os tres estralos, o domingo ás 18.30.