O colectivo cultural Ergueitos de Sarria poñerá en marcha o roteiro literario Fiz Vergara o luns 27

La Voz

LUGO

17 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A Asociación cultural Ergueitos, de Sarria, e a Asociación de Escritores en Lingua Galega anunciaron onte a posta en marcha do roteiro literario-artístico pola Lóuzara de Fiz Vegara Vilariño. O percorrido comenzará o luns 27 de xullo, ás 18.00 horas, en Aira de Padrón (Samos). Os participantes irán parando nos puntos en que xa están ou van ser colocadas intervencións plásticas de recoñecidos artistas como Paco Pestana. Os colectivos tratan de converter o roteiro «nun parque escultórico que lembre ao poeta a través de poemas escollidos da súa obra con referencias xeográficas concretas do val de Lóuzara».