10 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Tal día coma hoxe, hai cen anos, nacía no concello de Abadín Aquilino Iglesia Alvariño, que andando o tempo, con libros como Señardá ou Corazón ao vento , se había converter nunha das importantes voces da poesía galega do século XX. Co gallo do centenario do nacemento o colexio da vila, que leva o seu nome e que estes días acolle unha mostra que lembra a vida e maila obra do poeta, lle rende homenaxe hoxe en Seivane de Vilarente, a súa parroquia natal.
Para pasado mañá, venres, está prevista unha homenaxe á que acudirán autoridades da Xunta e directivos do Pen Clube Galicia. No acto prevese descubrir unha placa de lembranza do poeta.