O xoves celébrase con varias actividades o Día de Internet

La Voz

LUGO

12 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou onte o programa de actividades organizadas pola súa Concellería para celebrar o Día de Internet, que terá lugar este xoves na planta baixa da Praza de Abastos. Zarzuela animou a todos os lucenses a participar nesta cita entre as dez e as oito do serán nos diferentes talleres e actividades: facebook, You tube, Skype e Google.

Ademais, haberá actividades paralelas, como a exposición A Historia de Internet , que consta de 16 paneis con imaxes e textos explicativos desde os anos 50 ata a actualidade que narran da historia de internet a nivel mundial. Tamén haberá un espazo de ocio, con dúas zonas para practicar coa Wii. Todos e todas as participantes entrarán no sorteo dun ordenador.

Con estas actividades o Concello pretende, ademais de celebrar o Día de Internet promover o bo uso das novas tecnoloxías, nas tecnoloxías da información e comunicación entre a poboación lucense, formando e informando sobre as vantaxes que ofrece a súa utilización.

Entre as actividades formativas está O Concello na túa casa, co que se pretende dar a coñecer aos cidadáns os trámites que se poden realizar desde casa por Internet sen esperas e sen horarios: solicitar unha subvención, unha axuda, unha licenza, correo do cidadán: suxire ou reclama, pago dun recibo ou solicitar o certificado de padrón.

Por outra parte, no programa Eu Conecto os cidadáns achegaranse mellor ás novas tecnoloxías. O calendario será: Do 18 ao 20 de maio: praza de abastos; 25 ao 29 de maio As Gándaras; 1 ao 5 de xuño en Montirón; 8 ao 12 de xuño, en Fingoi; 15 ao 19 de xuño en A Milagrosa; 22 ao 26 de xuño en O Castiñeiro; 29 ao 30 de xuño no Local Social de Coeses.