22 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Os veciños de Castro de Rei seguen recadando apoios na súa loita por evitar o peche da sucursal de Banesto, a única existente neste municipio. A última en sumarse ás reivindicacións dos afectados foi a asociación de empresarios do polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea, que, ao igual que fixeran outras asociacións e tamén algúns particulares, tamén lle acaba de remitir unha carta á presidenta da citada entidade, Ana Patricia Botín, na que lle piden que sexa xusta e lle preguntan: «¿Realmente le cuesta tanto mantener esta oficina abierta aunque no sea más que para hacerle la vida más fácil a quienes la tienen tan difícil?».