«O cárcere é un dos espazos máis interesantes de Lugo e poucos cidadáns o coñecen»

Beatriz Franco

LUGO

26 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

As empresas dedicadas ao sector do turismo non deixan á provincia, e en menor medida á cidade, moi ben parada no que se refire a amosar o seu potencial turístico. Por citar un exemplo, algunhas axencias e guías inclúen a Sarria ou A Fonsagrada en zonas de costa, pero non a Foz ou Ribadeo. O artista Paco Pestana dá a súa visión sobre este particular.

-¿Como valora esta visión?

-As cidades non as conforman só a súa orografía, os seus encantos arquitectónicos, os seus museos, ríos, parques ou alamedas. Os cidadáns tamén forman parte dunha cidade, é importante coñecer tamén as diferentes clases sociais, o clero, que tipo de política ou policía temos... A nosa cidade e os individuos que a viven conforman tamén un xeito de turismo, porque cada un ten uns valores do entorno diferentes.

-¿Hai algunha parte de Lugo que non coñeza Paco Pestana?

-Eu por exemplo non coñezo o novo pavillón de deportes, que xa non é novo, tampouco entrei na piscina climatizada que fixo Santiago Catalán... -¿Que recunchos son de especial interese e moi poucos coñecen?

-Moi poucas persoas coñecen o interior do vello cárcere. Eu tiven a oportunidade de ver incluso a celda de presos preventivos. No propio corredor do presidio filmei para Galicia no tempo varias escenas. Este é un dos cárceres máis interesantes de España e moitos cidadáns non coñecen as súas celdas.