«A comunidade galega é a segunda produtora de ovos e de carne de ave ecolóxicos»

La Voz

LUGO

08 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O segundo día do congreso estivo centrado na avicultura ecolóxica. Segundo o secretario do Craega «co trinta por cento da produción de toda España, Galicia é a segunda produtora de avicultura ecolóxica de carne, e tamén de ovos».

Pedro Vidal, xerente de Avilugo, explicou a súa experiencia como provedor de polo ecolóxico para Coren. Este produtor cifrou en entre cinco mil e sete mil euros o custo da conversión a este modelo de produción. Pola súa banda, un socio da cooperativa Avega referiuse aos problemas que teñen para abastecerse de cereais de cultivo ecolóxico, principalmente trigo e millo, o que os pode levar a telos que importar de países coma Arxentina.