Quempallou encabeza o cartel do Festival da Chaira, que se celebrará o sábado na praia fluvial de Baltar

C. López

LUGO

15 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A praia fluvial de Baltar, no concello da Pastoriza, volverá ser o escenario dunha nova edición do Festival da Chaira, que se celebrará o sábado coa actuación de catro destacadas formacións do panorama musical galego, entre as que sobresae Quempallou.

Este grupo folk achegará a todos os presentes os temas do seu último disco, Polo aire . Tamén actuará neste festival unha nova banda de música tradicional galega: Coanhadeira. A mestura de rap , reagge e funky chegará da man de Som do Galpom. Por último, o cartel desta cita musical organizada pola asociación cultural A Chaínza complétase coa agrupación Leña Verde.

Festa da empanada en Begonte

Non será esta a única proposta lúdica para a vindeira fin de semana, xa que no club fluvial de Begonte terá lugar unha nova edición da Festa da empanada, que se abrirá o sábado cunha verbena a cargo da orquestra D'Noche e o grupo Eclipse. O domingo actuará Camelia. Os asistentes poderán degustar empanadas de varios tipos e tamén churrasco. Ademais, celebrarase a primeira regata de batuxos Río Ladra.

Dentro do festival Vía Stellae , o guitarrista Juan Enrique Miguéns actuará o sábado na igrexa de Santa María de Vilalba e o domingo en Guitiriz tocarán Santi Mirón, viola, e Manuel Vilas, arpa.