Unha tradición galega renovada

Comezou a 26 edición do curso de Cantigas e Frores, que este ano conta cuns 130 alumnos e cinco mestres de pestixio


Todos os anos, por Semana Santa, as persoas interesadas na música e no baile tradicional teñen unha cita en Lugo grazas ao empeño da Asociación Cultural Cantigas e Frores. Nin un período de vacacións como o que se vive este días arreda a numerosas persoas de diferentes partes de Europa a acudir a Lugo para participar no Curso de Cultura Tradicional Galega, que onte comezou no Gustavo Freire e que rematará mañá pola tarde. Uns 130 alumnos acudiron á cita anual, que nesta ocasión cumpre os 26 anos.

Durante o acto de presentación, celebrado onte á mañá, a coordinadora do curso, Mónica Fernández, deu a benvida aos alumnos e aos mestres das cinco especialidades que forman o programa do seminario: «Sabemos que sacrificar este tempo de vacacións supón un esforzo importante para moitos de vos, pero estamos seguros de que os coñecementos e as experiencias que intercambiaredes durante este días contribuirán ao enriquecemento dese importante capital que é o patrimonio cultural galego», sinalou Mónica Fernández.

Os participantes teñen a posibilidade de mellorar a súa técnica interpretativa nas especialidades de gaita galega, canto e pandeireta, percusión tradicional, baile tradicional e zanfona.

Desde Cantigas e Frores destacan o alto nivel do profesorado que imparte as clases. Mónica Fernández destacou que «casa ano procuramos contar con mestres e mestras con indiscutible autoridade en cada unha das especialidades que se imparten no curso, non somentes buscamos persoas de renome, senón que tamén queremos garantir as aptitudes didácticas do profesorado». Para esta ocasión, Cantigas contou co mestre Pablo Seoane (gaita), Felisa Segade (canto e pandeireta), Miguel Anxo López Buján (percusión), Germán Díaz (zanfona) e Miguel Souto Ocampo (baile).

O curso conta co patrocinio do Xacobeo e da Consellería de Cultura, ademais de ter a colaboración do Concello de Lugo e da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Unha tradición galega renovada