«De arte románico temos unha riqueza considerable»

Entrevista | Jaime Delgado Autor de importantes tratados, onte falou na sala Sargadelos da igrexa de Temes e de pazos desa zona


lugo

Jaime Delgado Gómez falou onte na galería Sargadelos do complexo de Temes, en Carballedo, que será o destino o sábado da segunda excursión que organiza a asociación recentemente creada Lugopatrimonio, e na que el actuará de guía. Antes da conferencia foi presentado polo presidente da entidade organizadora, Adolfo de Abel Vilela, e polo da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez.-Nas viaxes é habitual visitar igrexas e monumentos e frecuentemente non se coñecen os de aquí. ¿Dámoslle pouca importancia ao noso ou a que lle parece a vostede que se debe?-Moitos teñen unha gran publicidade, e con respecto aos nosos o problema e a ignorancia que hai sobre as súas características, xa que de moitos a xente apenas coñece nada.-¿O de Temes pode estar nesa situación?-Tanto a igrexa como os pazos que iremos ver son extraordinarios. En Temes está o documento máis antigo do cristianismo de cantos existen en Galicia. É unha inscrición na tapa dun sarcófago que probablemente veu de Roma e que eu datei, sen que ninguén o cuestionase, entre os anos 312 e 337, en que morreu Constantino, e probablemente entre o 315 e o 325.-¿Cantos monumentos considera que deben ser de coñecemento básico na provincia?-Pois, polo menos San Martiño de Mondoñedo, Portomarín, San Estevo de Ribas de Miño, Diomondi, Vilar de Donas, Hospital do Incio, os dous mosteiros de Monforte, Penamaior e outros moitos. Eu acabo de publicar unha obra de seis volumes de 400 páxinas sobre o románico de Lugo, porque de arte románico temos unha riqueza considerable.-¿Que se pode facer para que ás excursións vaian tamén xóvenes?-Cando impartín clases en COU empregaba moitas diapositivas, e moitos sábados faciamos viaxes a ver o explicado. Creo que é a única maneira de involucralos e de que lles quede un bo recordo para que se afeccionen.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«De arte románico temos unha riqueza considerable»