María Castaña premia o bo traballo pola cultura tradicional

LUGO

PRADERO

Protagonistas | Festival de Nadal 2005

17 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?n ano máis, e van dez, a Asociación Cultural María Castaña, que preside Isidoro Rodríguez, recoñecerá o traballo feito por persoas, institucións e colectivos en favor da cultura tradicional. A entrega dos galardóns farase, como ven sendo habitual, durante o Festival de Nadal 2005, que este ano se celebrará o vindeiro xoves a partir das sete e media da tarde no centro social de Fingoi. A gala será presentada polos xornalistas Xesús Fraga, Ana Isabel Rodríguez e Xulio Xiz e nela participarán as diferentes escolas de María Castaña e faranse entrega dos galardóns do 2005. O premio a unha persoa física recaeu en Alfonso Blanco Torrado, responsable da asociación Xermolos de Guitiriz e alma mater da organización do Festival de Pardiñas. Tamén participa activamente na Fundación Manuel María. O galardón a unha entidade recaeu na Asociación do Traxe Galego, que dende hai uns anos organiza o Domingo das Mozas un fermoso desfile e traballa pola recuperación e conservación dos traxes tradicionais. O premio a unha institución recaeu este ano no Museo do Pobo Galego, entidade que salvagarda a cultura tradicional galega. O premio á comunicación foi para a Gran Enciclopedia Galega de Silverio Cañada , que na edición actualizada dirixe Benxamín Casal. O recoñecemento a un profesor ou investigador de cultura recollerao María del Carmen López Gómez, Chipe . Finalmente, o premio a un membro da asociación María Castaña foi para Juan José Parga Cervelo.