«Lvcensia» recolle trece traballos sobre historia, literatura, arte, toponimia e temas eclesiáticos

La Voz LA VOZ | LUGO

LUGO

SEBAS

20 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? número trinta da revista Lvcensia presentouse onte en Caixa Galicia. Trátase dun volume que recolle trece estudos e comentarios sobre diferentes temas. Destaca o primeiro traballo da publicación, feito pola profesora Begoña González, titulado El gran alcalde lucense Don Ángel López Pérez . No texto faise un repaso aos acontecementos máis destacados da súa biografía e documéntase con fotos sobre o rexedor e sobre o Lugo no que viviu. Adolfo de Abel Vilela presenta un traballo sobre a festa do Corpus na Idade Moderna, mentres que o catedrático Manuel Rodríguez expón as diferentes edicións de El Quijote que hai na Biblioteca do Seminario, institución que promove a propia revista de investigación. Entre outros estudos, Lvcensia recolle artigos sobre Lorenzo Varela, a toponimia de Carballedo, os 25 anos de fray José Gómez ao fronte do Obispado, a Gran Enciclopedia Galega , o castiñeiro na vida e na cultura galega ou a iconografía pétrea na catedral de Lugo. A revista, que dirixe Gonzalo Fraga, está patrocinada por Caixa Galicia, a Deputación, o Concello, a Consellería de Educación e o Xacobeo.