Os amigos lembran a Lorenzo Varela

La Voz LA VOZ | LUGO

LUGO

PRADERO

O congreso que se celebra en Monterroso finaliza hoxe pola mañá con catro conferencias Carme Blanco destaca a presenza da muller histórica na poesía do autor monterrosino

29 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? mesa redonda de amigos de Lorenzo Varela era unha das citas destacadas do congreso que organiza a Consellería de Cultura en Monterroso e non defraudou. Nela participaron Xosé Neira Vilas, emigrante na Arxentina a finais dos anos corenta; Isaac Díaz Pardo, a persoa que mirou máis por Varela ao seu regreso do exilio en 1976; Fernando Scornik, fillastro do poeta homenaxeado polo Día das Letras Galegas e Inés Canosa. O debate estivo conducido por Alonso Montero. Scornik lembrou que Varela foi para el como un pai e un amigo. Destacou as diversas fases polas que atravesou a súa relación, ata chegar a ser «mi infatigable consejero en los momentos difíciles». Definíuno como un home de talento «increíble y una prudencia exquisita». Ademais da mesa redonda houbo oito conferencias que analizaron a vida e a obra de Varela, como os ensaios (Xosé Ramón López), o Correo Literario (Daniel Salgado), o mar (Antón Lopo), o exilio (Xosé Luís Axeitos) ou as vivencias nos seus primeiros 23 anos (Fernando Salgado). A profesora Carme Blanco puxo de relevo o carácter pioneiro e progresista do canto á muller histórica presente na poesía galega e castelá de Varela. Exaltou a María Pita, a María Balteira, á guerrilleira antifranquista Manuela Sánchez, á exiliada Carmen Muñoz ou á loitadora pola República Lina Odena. O profesor Xosé Antonio Ponte Far analizou a tertulia do café Tortoni, que tivo influencia na obra de Varela e tamén no seu percorrido vital, ao ser encontro cos amigos.