DESDE EL ADARVE
31 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.TITULABA onte este xornal na súa contraportada El ex ministro tenía un secreto. Eu, a estas alturas, nas que xulgamos planes que descoñecemos e estamos dispostos a votar constitucións ou tratados dos que apenas sabemos máis que que existen, me pregunto: ¿E que pasa se tiña un segredo? Vivimos tan rápido que a velocidade nos impide reflexionar sobre as cousas máis sinxelas que nos ocorren no día a día. O ex ministro de Cultura do Goberno laborista británico, Chris Smith, é seropositivo desde hai dezasete anos. Que se saiba esta particular intimidade non condicionou o seu labor no seu departamento. Que se saiba é portador desde hai dezasete anos e só agora, casualidade, é cando nos enteramos desta nova con moito cheiro sensacionalista. Ao marxe dos necesariamente informados, a ninguén máis lle debería importar. Non coñezo ningunha lei que prohiba aos seropositivos ser ministros.