Adeus aos tres fermosos álamos

NO OUTEIRO | O |


CHEGOU o outono para as follas. E non só para elas. Motivos tería -o permiso si- un que sei eu, amigo meu, para talar os tres fermosos álamos que tiña na derrega dun prado, seu, que coñezo ben. Mágoa que fora na muda da cor que debuxa o outono. Nese mesmo lugar e arredores teño pasado moitas horas.Moitas veces canda o fillo do dono desas árbores, que acostumaba a estar alí e gardar as vacas. Eu acompañábao. Qué ben había quedar aquí que á sombra desas grandes árbores tremeliqueiras xogabamos evitando o sol. Nunca foi así. Os chopos estaban colocados de tal xeito que sempre proxectaban a súa sombra cara o camiño. ¡Moito se sabía antes que agora non se sabe! O caso é que esas árbores, que foron medrando e medrando, xa non existen. Son grandes toradas. Non sei aínda a razón; levaban alí tanto tempo... Haberaa. Sentín delas porque dende lonxe podía velas espertar cada primavera antes que romperan a nacer as follas dos carballos. Ao pasares a carón mesmo podía escoitalas rumorear, quén sabe se de min. Adeus para sempre, súas maxestades. O río Neira chora a súa falta. Tamén eu, e quen camiñe polo pequeno e agarimoso val de Ariz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

Adeus aos tres fermosos álamos