Xerais ten no mercado libros de varios autores lucenses

LUGO

Os libros | Novedades literarias Darío X.?Cabana volve á narrativa curta con «Mitos e memorias», Xosé Miranda achégase de novo ós contos fantásticos en «Tarxeta vermella» e o xornalista Xesús Fraga fala da emigración en «A-Z»

30 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

. Outro autor que editou libro neste verán é Xosé Miranda, tamén en Xerais. No volume Tarxeta vermell a presenta dezaoito contos, maioritariamente de carácter fantástico, e que tamén refiren a temáticas que sempre lle interesaron ó escritor lugué s. Miranda amósase cómodo no mundo das mitoloxías literarias e con relatos que conectan ben co lector moderno, en especial o xuvenil. O escritor, que este ano editou a súa poesía en Xerais no volume As cidades mergullada s, leva nos últimos anos unha producción case febril, coa publicación de novelas para os mozos (Ariadn a e Pel de lob o) ou sendo coautor dos libros que recollen a tradición oral de Galicia en diferentes ámbito s. s. O mundo urbano e o rural xúntanse na cidade inglesa reflectida por Xesús Fraga. No seus textos hai cabida para tódalas circunstancias persoais dun emigrante e tódalas idades. Cómpre destacar que na portada do libro, que custa 10,50 euros, amósase unha obra do tamén lucense, monfortino para máis datos, Roberto González. Trátase dunha fermosa alegoría sobre a Torre de Babel. Finalmente, o xornalista Ángel de la Vega ten nas librerías un volume de anécdotas sobre Ánxel Fole, que serve, cun ton de humor e cariño, para facer un retrato sobre a figura humana no escritor lugués más recoñecido. No ámbito científico, Ramón Boga editou en Xerais o libro Guía dos castelos medievais de Galici a, dentro da serie de guía temáticas, onde o veterinario lucense Herminio Pose ten unha feita sobre os curros. No volume de Boga fálanse de castelos lucenses como os de Parga, Amarante, Castroverde, Sarria, ou Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei .