«Nos cursos de formación habería que facer unha investigación a fondo»

La Voz

LUGO

14 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O recente conflicto da CEL estivo acompañado polo silencio dos sindicatos. Ningunha organización fixo comentario algún dun problema que partiu do centro de formación. -Só digo que calquera organización, e incluso o sector público, ten que ser pulcra na administración dos cartos dos seus asociados ou dos cidadáns. Na formación habería que facer unha investigación a fondo e se alguén defraudou o terá que pagar, sexa sindicato, patronal ou quen sexa. Un dato, na CIG dende que saíu a luz o fraude dos fondos de formación a nivel de Estado da patronal, CC. OO e UGT temos inspectores tódolos días mirándonos as contas. Debe parecerlles mal que nos non figuremos. -¿A formación non crea dependencias? -Ese e o perigo que ten a formación. Ese e o medo do sindicalismo de hoxe. Preocúpame que cando se negocia un acordo, ou unha reforma laboral, os que firman en vez de adicarse o que está riba da mesa, teñan en conta o que hai por debaixo, como cursos de formación, subvencións ou deudas. Por aí fálase de que hai algunha moi importante dun sindicato. -¿Qué quere dicir ? -Dende a CIG non vemos ninunha explicación lóxica a que os sindicatos de clase -entre comillas- firmen un acordo de subida salarial dos funcionarios con vixencia ata que pasen as eleccións xerais, con aumento do 2,7% sexa cal sexa a inflación, donde se contempla a mobilidade xeográfica, a xornada partida e limitación das incapacidades laborais, sen contrapartidas. Espero que non teña nada que ver coas irregularidades nos fondos de formación. -¿Os sindicatos deberían impartir formación? -A CIG e contraria porque un sindicato non é unha empresa de servicios, pero dende o momento en que entraron os demais, atopámonos con que para competir con CC. OO. e UGT a formación continua era unha arma importante e había medo a quedar desprazados.