Celebracións polas letras galegas

Colexios e institutos da cidade viviron unha xornada festiva con conferencias, exposicións e obras de teatro Trala xornada festiva do pasado xoves, onte os rapaces e os nenos dos centros educativos de Lugo participaron en numerosos actos relacionados co Día das Letras Galegas. Exposicións, contacontos, obras de teatro, recitais, concertos, conferencias, presentacións de revistas e así ata cumplimentar decenas de actividades para celebrar unha xornada que uniu o lúdico e o educativo. Púxose desta maneira fin a unha semana onde os cativos saíron ás rúas para reivindicar un maior uso do galego. Foi no «Correlingua».


LUGO

Máis de cincuenta nenos dende terceiro ata sexto de primaria interviñeron na obra de teatro Conta Eladio, que se organizou no colexio Fingoi. A representación, unha homenaxe a Eladio Rodríguez, misturou o teatro e a danza. Ademais dos alumnos, participou o grupo de danza e gaitas do colexio, que dirixen Pepe Vaamonde e Lis Ron Latas. A coordinación da posta en escea recaeu en María Luisa Salgado.Pola súa banda, no colexio Galén iniciouse un programa de actos sobre as letras galegas cunha actuación de contacontos a cargo de Ana Carreira. O luns estará a cantante Pilocha; o mércores, Sabela dará un espectáculo de contacontos; e o venres, Bernardino Graña manterá un diálogo cos alumnos sobre literatura.CarteisNo instituto das Mercedes exponse dende onte unha colección de carteis que resume a vida e a obra de Eladio Rodríguez. Os alumnos tiveron unha completa programación, onde houbo tempo para un recital de música dos rapaces de terceiro e cuarto de ESO, contacontos, entrega de premios do concurso de marcadores de páxinas e unha conferencia sobre a importancia da lexicografía.No instituto Lucus Augusti remataron os actos polo Día das Letras Galegas co diálogo que mantivo a escritora Fina Casalderrey cos estudiantes do centro. No antigo Femenino, o grupo Cozorellos ó Saco deu unha sesión de contacontos. No instituto Leiras Pulpeiro inaugurouse unha exposición de fotografías antigas do barrio de Casás, presentouse o número dous da revista Lerias do Leiras, e o historiador Adolfo de Abel Vilela falou sobre a historia do barrio e da cidade.Cheo no auditorioA xornada festiva na cidade pechouse co concerto que ofreceu a cantante Mercedes Peón no auditorio, que se encheu para escoitar as cancións do seu último disco Isué. Foi organizado por Caixanova.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Celebracións polas letras galegas