CONTENIDO PATROCINADO

O Día das Letras Galegas, na cesta da compra

Clientas, personal de tienda y directivos de Vegalsa-Eroski, acompañados de autoridades de la Xunta de Galicia y la Real Academia Galega durante la celebración do acto conmemorativo
Clientas, personal de tienda y directivos de Vegalsa-Eroski, acompañados de autoridades de la Xunta de Galicia y la Real Academia Galega durante la celebración do acto conmemorativo

Vegalsa-Eroski lanza unha campaña divulgativa sobre a autora homenaxeada neste 2018, María Victoria Moreno

25 oct 2019 . Actualizado a las 13:46 h.

Fiel ao seu compromiso coa cultura e a lingua propias, e como vén sendo habitual cada ano, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmase á conmemoración do Día das Letras Galegas 2018, lembrando a figura de María Victoria Moreno, a quen se lle dedica este 17 de maio.

Para renderlle homenaxe, a empresa elaborou material promocional e divulgativo sobre a autora, facendo unha tirada de máis de 500 carteis conmemorativos para as tendas propias da súa rede comercial en Galicia, que suman 154 establecementos. Ademais, desde Vegalsa-Eroski levouse a cabo tamén unha tirada especial de 2.000.000 bolsas dedicadas a esta festividade que están a disposición dos clientes nos supermercados das súas enseñas Eroski/Center, Autoservicios Familia e Hipermercados Eroski.

A compañía quixo formalizar o seu compromiso coas Letras Galegas, organizando un acto conmemorativo no seu supermercado Eroski Center en Vilalonga, Sanxenxo a través dunha pegada simbólica de carteis na que participaron a directora de Relacións Institucionais e RSE da compañía, Gabriela González, o director da liña de Negocio Eroski/Center e Hipermercados e gasoliñeiras Eroski, Florentino Vázquez, e o director de Marketing, Julián Hernández, acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martínez, así como por representantes da Real Academia Galega.

Compromiso coa identidade propia

Esta acción englóbase dentro dunha aposta histórica de Vegalsa-Eroski por potenciar os elementos propios da identidade galega. Unha aposta por Galicia que se expresa no seu plantel conformado por máis de 5.900 traballadores así como na aposta polos provedores galegos e na súa contribución por crear emprego na Comunidade.

O seu compromiso coa lingua ponse de manifesto nas súas tendas, incluíndo a rotulación en galego; na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España; ou no apoio a iniciativas que contribúan a súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas ou a participación no Correlingua de Vigo e Viveiro.

Durante este 2018 Vegalsa-Eroski continuará a reforzar tamén a súa liña de compromiso coa cultura galega como xa deixou patente o ano anterior con actuacións como a súa colaboración en festivais como o Resurrection Fest de Viveiro; con grupos de música referentes como a banda De Vacas con quen contou para rodar o seu anuncio de Nadal; coa produción audiovisual, a través do patrocinio oficial da serie Fariña; coas festas populares como a Festa da Dorna; e con asociacións culturais como Son d´aquí da Coruña.