Abren en Taboada o prazo para apuntarse á mostra de produtos da Festa do Caldo de Ósos

La Voz CHANTADA / LA VOZ

TABOADA

ALBERTO LÓPEZ

07 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Taboada abriu o prazo de inscrición para tomar parte na exposición e venda de produtos do campo e derivados do porco que se celebrará durante a próxima Festa do Caldo de Ósos, que será o 11 de febreiro. Os interesados en participar terán un posto gratuíto que estará aberto desde as 10.00 ata as 18.00 horas. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 982 465 301 ou facelo persoalmente nas oficinas municipais antes das 14.00 horas do 7 de febreiro.

Os tres mellores expositores recibirán premios dotados con trescentos, douscentos e cen euros, respectivamente. O xurado valorará a calidade, calidade e presentación dos produtos, e poderá establecer tamén tres accésits de cen euros cada un.