Concerto de canción española e francesa en Sober

La Voz MONFORTE / LA VOZ

SOBER

Aida Gimeno actuará esta fin de semana en Sober
Aida Gimeno actuará esta fin de semana en Sober CEDIDA

A soprano Aida Gimeno e o pianista Carlos Sanchís actúan este sábado no Centro Sociocultural desta localidade

06 dic 2023 . Actualizado a las 18:59 h.

Sober acollerá o sábado un concerto de canción española e francesa a cargo da soprano Aida Gimeno e o pianista Carlos Sanchís. O recital, organizado polo Concello e as Xuventudes Musicais da localidade, leva por título “Souvenirs” e pretende ser unha mostra da música do XVIII e XIX, cando París era un dos centros mundiais da arte.

O programa inclúe obras de Poulenc, Duparc, Mompou, Montsalvatge, Rodrigo e Falla, que reflicten a influencia do cabaret, o colonialismo e o folclore nas súas composicións. O concerto terá lugar no Centro Sociocultural de Sober a partir das 19:30 horas e a entrada é libre ata completar aforo.

A soprano Aida Gimeno é unha das voces máis destacadas do panorama lírico español. Recentemente debutou no Palau da Música de Barcelona, onde obtivo o premio de Mocidades Musicais de Cataluña, e protagonizou a produción de Falstaff na Ópera de Vigo. Tamén foi a única española invitada ao concurso internacional Operalia, celebrado en Moscova, e formou parte do programa Crescendo do Teatro Real de Madrid.

O pianista Carlos Sanchís é un músico de ampla traxectoria, que colaborou con artistas como Plácido Domingo, Ainhoa Arteta ou José Bros. Tamén é profesor de repertorio vocal no Conservatorio Superior de Valencia e director artístico do Festival de Música de Cámara de Godella.