Sanidade: deixen de pasarse a pelota

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

SOBER

21 mar 2023 . Actualizado a las 09:25 h.

Sanidade, os maiores non poden esperar

Dúas semanas, iso é o que marca a aplicación do Sergas que podo tardar en ser atendida pola miña médica de cabeceira. Un ano para unha proba médica e, para saber o resultado, outros seis meses agardando entre atraso e atraso das citas. Non se pode consentir. As rúas berran pola

sanidade pública pero ninguén fai nada. Por que os nosos representantes enchen a boca falando de precariedade na sanidade, da falta de medios, da mala xestión, culpándose uns a outros e ninguén fai nada? Non é un asunto que afecte só a un sector da poboación, trátase de algo que nos afecta a todos nós. Por favor, deixen

de pasarse a pelota duns a outros, a saúde pública non é un xogo. Busquen o problema e atálleno; pode parecer complexo, pero se poñen o esmero en solucionalo, seguro que o

conseguen. Ninguén ten que pasar por isto, pero pensen por un momento nos nosos maiores. Non o merecen, porque a vida pode cambiar radicalmente nun minuto. Sabrina Pérez López. Sober.

  SOS Lugrís

Como membro da asociación cultural O Mural entendo que O Concello da Coruña vén de facer público que os fermosos frescos que Urbano Lugrís González pintou no baixo do número 24 da rúa dos Olmos «están en mal estado de conservación, mais son recuperables». O Concello, que até o mes de xaneiro manifestaba que pouco podía facer por ser obras de titularidade privada, di agora que é «precisa unha actuación inmediata para garantir a súa conservación, polo que reclamará aos donos do inmoble que actúen para protexer o legado pictórico de Lugrís do que tamén son propietarios». E anuncia que «de non responder ou non acometer as medidas de conservación necesarias, será o Concello o que actúe de forma subsidiaria». Poden agardar os frescos polo prazo que vai dar o concello aos donos?

O custe de recuperación dos murais (os técnicos que contratou o Concello avalíano en 90.000 euros) e o estado do inmoble e crítico: sabemos que non todas as súas fiestras teñen cristais; que nos pisos superiores aniñan ducias de pombas; que a choiva se filtra polo tellado e polas paredes medianeiras e que as galerías están a piques de caer a rúa: a auga, a humidade e os excrementos dos paxaros poñen en perigo non só a supervivencia dos murais senón a estabilidade do edificio todo. Dinnos os arquitectos que a humidade que se filtra nas paredes medianeiras deste tipo de construcións poden alcanzar os 3 metros dende o chan e ir filtrándose aos poucos no interior do inmoble, máis no caso dun abandonado como este, cando non hai unha temperatura estábel no seu interior.

A vista da Coruña, os ollos de boi, o faro de Hércules sobre o mar, o galeón, e o resto dos marabillosos frescos que Lugrís deixou no restaurante Fornos están pintados sobre esas paredes que zumegan humidade. E a auga incrementa as fendas. Pode unha das obras máis senlleiras da pintura mural galega contemporánea agardar ese prazo administrativo? A lei non obriga ao Concello a facer o requirimento. Estes murais, polo seu valor integran o patrimonio de Galicia, por vontade da Xunta e do Concello. Están os nosos gobernos local e autonómico dispostos a asumir as responsabilidades, mesmo penais, da perda dos frescos? Rodrigo Osorio Guerrero. A Coruña.

Más cartas al director

Cómo participar

Por correo electrónico a cartasaldirector@lavoz.es o por correo postal a la siguiente dirección: Avenida da prensa, 84 y 85. Sabón, 15143 Arteixo (A Coruña).

Las cartas no deben exceder de 20 líneas y se identificarán con nombre, domicilio, DNI y teléfono del autor. La Voz de Galicia se reserva el derecho de extractar los textos. No se informará sobre las cartas recibidas.