Sober completa as obras de reforma dos tradicionais pendellos de Cadeiras

La Voz

SOBER

As obras supoñen a renovación total da cuberta da construcción, onde se celebra un xantar popular cada 8 de setembro
As obras supoñen a renovación total da cuberta da construcción, onde se celebra un xantar popular cada 8 de setembro CONCELLO DE SOBER

A actuación supón un investimento de máis de 30.000 euros

02 oct 2020 . Actualizado a las 12:11 h.

O Concello de Sober iniciou as obras de reforma do conxunto de pendellos situado xunto ao santuario de Cadeiras, que acolle tradicionalmente un xantar popular durante a romaría que se celebra neste lugar cada 8 de setembro. A actuación conta cun orzamento de máis de 30.000 euros, do que o 80% é achegado pola axencia Turismo de Galicia e o 20% restante polo Concello. Segundo indica o goberno local, as obras supoñen a renovación toda da cuberta e da súa estrutura. Por outro lado, estanse realizando reformas nas paredes e nas columnas que sosteñen a cuberta.

A primeira fase da renovación destas estruturas levouse a cabo no 2019. A tradicional romaría da Virxe de Cadeiras non puido celebrarse este ano debido á crise sanitaria.