Sober celebrará as festas do Carme con actos culturais e relixiosos

La Voz

SOBER

A Banda de Sober ofrecerá o domingo un pasarrúa xunto coa Banda de Chantada
A Banda de Sober ofrecerá o domingo un pasarrúa xunto coa Banda de Chantada ALBERTO LÓPEZ

As actividades levaranse a cabo entre o sábado e o domingo

17 sep 2020 . Actualizado a las 11:08 h.

Unha serie de actos culturais e relixiosos conformarán o programa das festas do Carme de Sober, nas que non se poderán celebrar as tradicionais actividades festivas a causa da situación sanitaria. A programación comezará ás 12.30 horas do sábado cunha actuación musical da charanga NBA. Á unha tarde celebrarase unha misa solemne na igrexa nova da capital municipal e ás 19.00 horas ofrecerase na praza do Toural o espectáculo «Pequeno cabaret infantil», a cargo de Nelson Quinteiro.

O domingo haberá un pasarrúas coa Banda de Sober e a Banda de Chantada a partir das doce do mediodía. Ás doce e media, o grupo de música tradicional Os Monifates ofrecerá un concerto na praza do Concello. Media hora máis tarde oficiarase unha misa solemne na igrexa. Os actos pecharanse co espectáculo de maxia «Don Gelati», a cargo de Dani García, que comezará ás sete da tarde na praza do Toural.