Un emigrante retornado de Irlanda cumpre en Sober 100 anos

La Voz

SOBER

CONCELLO DE SOBER

O municipio ten nestes momentos trece veciños que xa chegaron ao século de vida

16 feb 2020 . Actualizado a las 12:09 h.

O municipio de Sober conta desde este sábado cun novo veciño centenario. Tátase de Manuel Castroseiros Álvarez, residente en Ferroños, un lugar da parroquia de San Martiño de Anllo. Coñecido polo alcume de Mañé, é viúvo e vive con súa filla Montse. Manuel Castroseiros foie emigrante en Irlanda e rexentou un bar en Sober durante case vinte anos. O noco centenario ten un neto e un bisneto, co que aparece na foto difundida este domingo polo Concello de Sober.

O sábado pola tarde fue visitado polo alcalde, Luis Fernández Guitián, e a concelleira e secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias, que o felicitaron polo seu aniversario.

Sober conta nestes momentos con trece veciños centenarios, dez deles mulleres e os tres restantes homes.