A escola de teatro de Sober, en marcha de novo por quinto ano consecutivo

La Voz

SOBER

Gerardo Rodriguez, de 87 anos, e a súa filla Maria, actúan o ano pasado nunha representación da escola de teatro de Sober
Gerardo Rodriguez, de 87 anos, e a súa filla Maria, actúan o ano pasado nunha representación da escola de teatro de Sober CEDIDA

O prazo para apuntarse nas clases deste curso permanecerá aberto ata finais deste mes

24 sep 2019 . Actualizado a las 12:59 h.

A escola de teatro de Sober xa o ten todo listo para o inicio do curso. O prazo para apuntarse está xa aberto e non se pechará ata finais deste mes. Este será o quinto curso consecutivo de funcionamento deste centro, que depende do Concello.

Dirixida por Eva F. Ferreira, a escola porá en marcha as clases o 4 de outubro no centro sociocultural de Osber. Os interesados podense apuntar no propio centro sociocultural ou ben chamando ao teléfono 982 46 05 13.

Nos cinco anos que leva aberta a Escola Municipal de Teatro de Sober, este centro representou dez pezas creadas pola propia escola, seis delas de teatro adulto e catro de infantil, levou a cabo dúas dúas colaboracións coa Escola de Música, puxo en marcha diferentes actividades na Biblioteca, con motivo da conmemoración dos días do teatro, do libro e das Letras Galegas), e os seus integrantes participaron nas dúas edicións do festival Escaleira Literaria de Sober.