Rodan en escenarios de Sober un filme de ficción inspirado nas tradicionais lendas das mouras

Dous actores ourensáns, Lúa Pagán e Ángel López, protagonizan «Hai unha virxe alí arriba»


monforte

En Sober terminou a filmación da curtametraxe Hai unha virxe alí arriba, unha obra de ficción inspirada en lendas tradicionais da Ribeira Sacra e doutras partes de Galicia, que se encontra agora en proceso de edición. O filme está dirixido por Brandán Cerviño -veciño deste municipio- e interpretado polos xoves actores ourensáns Lúa Pagán e Ángel López. O proxecto conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, os concellos de Sober e Monforte e o consorcio turístico da Ribeira Sacra.

A rodaxe levouse a cabo en diversos lugares do municipio de Sober, principalmente no entorno do santuario de Cadeiras, onde se celebrará este domingo a tradicional romaría da Virxe dos Remedios. O argumento da curtrametraxe -cuxo guión é tamén do realizador- xira en torno á figura mitolóxica das mouras, presente en numerosas lendas populares. Os responsables deste proxecto cinematográfico esperan que o filme estea totalmente editado para finais deste ano e teñen a intención de presentalo despois en diversos festivais.

Outras obras

O realizador de Hai unha virxe alí arriba, formado na escola internacional de cine de San Antonio de los Baños -en Cuba- é tamén autor do documental En la boca de la mina, que se presentará este mes no festival Curtocircuíto, en Santiago, e no Festival de Cine de Ourense. Esta obra foi proxectada anteriormente na mostra cinematográfica pontevedresa de Cans e nos festivais brasileiros É Tudo Verdade -en Rio de Janeiro e São Paulo- e Olhar de Cinema, en Curitiba. Cerviño tamén realizou a curtametraxe de ficción Carta a Leningrado, que se presentou na anterior edición do Curtocircuíto e no último Festival Internacional de Cine de Gibara, celebrado en Cuba o pasado xullo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Rodan en escenarios de Sober un filme de ficción inspirado nas tradicionais lendas das mouras