A Roda, Lucía Pérez e Sr. Aliaga actuarán nas festas do Carme de Sober

Os festexos celebraranse na capital municipal entre os próximos días 13 e 16

O grupo A Roda actuará o venres xunto coa cantante Lucía Pérez
O grupo A Roda actuará o venres xunto coa cantante Lucía Pérez

O grupo A Roda e a cantante Lucía Pérez estarán entre as atraccións principais das festas do Carme de Sober, que se celebrarán entre os próximos días 13 e 16. A actuación dos referidos artistas será a primeira do programa e ofrecerase ás 23.00 horas do venres. O sábado 14, pola mañá haberá un pasarrúas co grupo taboadés de música tradicional Rechouchíos, que actuará tamén nunha sesión vermú despois dunha misa solemne que se oficiará na igrexa nova a partir das 13.00 horas. Pola tarde, ás 19.00 horas, a praza do Toural acollerá un concerto das unidades de música do terzo norte da Armada de Ferrol e do cuartel xeral da Foza Loxística Operativa da Coruña. Ás nove da noite haberá un baile coa orquestra Canela ás doce comenzará un concerto do grupo Sr. Aliaga.

O domingo haberá un pasarrúas coa Banda de Sober e ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne con procesión cantada polo Coro Berea. A banda soberina actuará de novo nunha sesión vermú a partir das 14.00 horas. Pola tarde, ás 19.00 horas, ofrecerase o espectáculo familiar Saaabor! e ás 21.30 horas comezará unha verbena coa orquestra Suavecito.

O luns 16, día de festa local en Sober, haberá unha misa solemne ás 13.30 horas na igrexa nova. Ás oito e media da tarde haberá unha paellada xigante gratuíta a cargo do mestre cociñeiro José Arias, con acompañamento musical do grupo Estrellas, que porá fin ás festas do Carme.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

A Roda, Lucía Pérez e Sr. Aliaga actuarán nas festas do Carme de Sober