A Festa dos Muíños de Xabrega cumpre nove anos

SOBER

Actuación do grupo Os Parentes nunha edición anterior das Festa dos Muíños
Actuación do grupo Os Parentes nunha edición anterior das Festa dos Muíños ALBERTO LÓPEZ

A próxima edición do festexo celebrarase entre o 6 e o 7 de xullo en Sober

25 jun 2019 . Actualizado a las 11:30 h.

Entre o 6 e 0 7 de xullo celebrarase a novena edición da Festa dos Muíños de Xabrega, no municipio de Sober. As actividades programadas comezarán o sábado cun xantar campestre. Ás 17.00 horas haberá unha sesión de contacontos para nenos. Pola noite haberá un concerto do grupo Derroche, a partir das 22.00 horas, e outro de Los Camochuelos, ás doce. A partir da unha unha e media de madrugada haberá animación a cargo de DJ Anllo. O domingo haberá outro xantar campestre, precedido dun aperitivo co grupo Marie. Ás cinco e media comezará unha actuación da Charanga XL e a festa pecharase ás oito. O escenario do festexo é o conxunto de muíños restaurados do río Xabrega, de singular valor histórico e etnográfico.