Estudantes de Sober descobren os tesouros do municipio

Fieron unha excursión con paradas e xogos en tres igrexas románicas, nunha iniciativa divulgativa organizada polo Concello

A excursión incluíu paradas en tres igrexas románicas
A excursión incluíu paradas en tres igrexas románicas

Monforte

Estudantes do colexio público de Sobre aprenderon este martes cousas que probablemente non sabían do patrimonio histórico e monumental deste municipio. Fixérono a través dunha excursión organizada polo Concello e que estaba organizada como un xogo no que os rapaces tiñan que ir desentrañando misterios en cada parada para poder continuar ata a seguinte. Esta iniciativa municipal leva por título "Á procura do tesouro de Sober".

Os escolares tiñan que ir atentos ás explicacións da guía e completar os seus cardernos coa información máis relevante para atoptar os tesouros que estaban agochados en cada unha das igrexas románicasnas que pararon. Facían de guías Marifé, a encargada da oficina municipal de turismo, e Julia, a bibliotecaria da Casa da Cultura.

Os estudantes tiñan que ir buscando tesouros en cada punto do percorrido para poder seguir o seu camiño
Os estudantes tiñan que ir buscando tesouros en cada punto do percorrido para poder seguir o seu camiño

O punto de partida do percorrido foi a igrexa de Proendos, construida no século XII, e na que os estudantes tiveron ue fixarse ben na súa parte exterior e nos materiais e formas coas que está costruída para despois coñecela por dentro, onde buscaron plantas e flores nos capiteis, un adorno axedrezado no arco principal e repararon nas súas pinturas muris e as historias que contan sobre pasaxes da Biblia.

A excursión levou tamén a este grupo ás igrexas de San Vicente de Pinol e San Xulián de Lobios.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Estudantes de Sober descobren os tesouros do municipio