Localizan no municipio de Sober unha mámoa que estaba sen catalogar


MONFORTE / LA VOZ

O historiador Xabier Moure localizou no municipio de Sober unha mámoa que non estaba incluída no inventario de bens arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural nin no do plan xeral de ordenación municipal. O achado xa foi comunicado a Patrimonio para que proceda á súa catalogación.

O túmulo megalítico, segundo explica Moure, encóntrase no monte da Lagoa, cerca da localidade de Mourentán, na parroquia de Doade. Está situado a a unha altura de 535 metros sobre o nivel do mar e ten un diámetro de en torno a doce metros e 0,30 de altura. No seu centro hai un cráter de violación -unha escavación realizada por buscadores de tesouros nunha época imprecisa- dun diámetro de arredor de dous metros.

Sobre o túmulo, indica Moure por outra parte, poden verse algunhas pedras que posiblemente formaban parte da coiraza pétrea que recubría orixinalmente o enterramento. A mámoa perdeu grande parte da súa masa, debido probablemente aos labores agrícolas e forestais.

A mámoa, por outro lado, está a uns novecentos metros de distancia doutro túmulo do mesmo tipo que foi descuberto no 2010 por membros da asociación cultural O Colado do Vento e que non está catalogada no PXOM, aínda que si figura no inventario de Patrimonio. O catálogo do plan de ordenación municipal, apunta Moure por outro lado, só menciona dúas mámoas na parroquia de Figueiroá. Unha dela, chamada Peniña do Ouro, foi destruída por unha estrada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Tags
Comentarios

Localizan no municipio de Sober unha mámoa que estaba sen catalogar