O director da Banda de Sober tocará este mes coa Orquestra Nacional de España

Miguel Franqueiro traballa tamén nos preparativos do 150 aniversario da formación musical soberina


O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro Becerra, participará como tuba solista nunha serie de concertos que a Orquestra Nacional de España dará durante este mes en Madrid. As actuacións, que se ofrecerán os días 14, 15 e 16, encádranse nun ciclo de concertos de música e cinema no que a formación interpretará as bandas sonoras de filmes como Star Wars, Parque Jurásico, Drácula, Psicosis, Tiburón e Piratas del Caribe, entre outros.

Por outro lado, Franqueiro tocará durante a semana anterior coa Orquestra Sinfónica de Castela e León. Desde o inicio da actual temporada xa colaborou coa Orquestra Sinfónica de Barcelona, a Orquestra de Estremadura, a Orquestra de RTVE, a Orquestra do Gran Teatre del Liceu de Barcelona e a Orquestra Sinfónica de Sevilla. Así mesmo, recibiu un convite para participar nunha prestixiosa orquestra italiana que tivo que rexeitar por ter outros compromisos xa pechados.

O director da Banda de Sober, por outra parte, está traballando xunto cos responsables municipais na programación con que se conmemorará este ano o 150 aniversario da creación desta formación, unha das máis antigas de Galicia. «É un ano moi especial para a Banda de Música de Sober que contará cunha celebración acorde á súa historia, na que prevemos a implicación non só dos músicos, senón de todo o Concello», sinalou Franqueiro a este respecto.

Na imaxe sobre estas liñas, Miguel Franqueiro -segundo pola dereita- durante o concerto coa Orquestra do Gran Teatre del Liceu de Barcelona.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O director da Banda de Sober tocará este mes coa Orquestra Nacional de España