O municipio de Sober conta cunha nova veciña centenaria

Avelina Gómez reside na localidade de Francos de Proendos


monforte / la voz

O municipio de Sober conta cunha nova veciña centenaria, Avelina Gómez Rodríguez, que onte celebrou o seu centésimo cumpreanos en compañía dos seus familiares e recibiu a visita do alcalde Luis Fernández Guitián, que se desprazou ao seu domicilio para felicitala. Avelina Rodríguez reside na localidade de Francos de Proendos.

En Sober residen actualmente nove veciños que superan o século e outros dous que o cumprirán este ano. O ano pasado chegou a ter simultaneamente dez habitantes que rebasaron esa idade. O alcalde considera que esta circunstancia é compartida por outros municipios de carácter rural. Debido ao seu elevado número de veciños centenarios, o municipio foi escollido recentemente para presentar o libro Cen x 100, editado editada pola asociación ferrolana ASMC co apoio da la Consellería de Política Social. A obra recolle retratos de cen persoas residentes en Galicia que chegaron a esta idade. Entre elas figuran tres veciños de Sober, xunto con outras que residen en Pantón, Quiroga, O Saviñao, A Pobra do Brollón e O Incio.

Na imaxe sobre estas liñas, Avelina Gómez, acompañada por unha filla e dúas sobriñas, recibe a visita do alcalde de Sober.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O municipio de Sober conta cunha nova veciña centenaria