Sober, protagonista na xornada de peche de Xantar

A feira internacional de turismo gastronómico que se celebra en Ourense adicoulle o seu último día a este municipio


Sober foi hoxe o protagonista da xornada de peche do certame Xantar, que este ano cumpre vinte anos. A feira internacional de turismo gastronómico de Ourense adicoulle a este municipio o último día da súa edición deste ano.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participou no acto de clausura do certame. O Goberno local aproveitou o protagonismo de Sober para promocionar os seus viños e toda a súa gastronomía. En presenza do alcalde, os representantes institucionais e o público que nese momento visitaba o posto tiveron ocasión de desgustar viños de Amandi acompañados por queixo da denominación de orixe de Galicia e rosca de Sober. Entre os representantes oficiais que participaron estaban o conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Sober tomou parte na edición número vinte de Xantar cun estand propio desde o mércores, o día da apertura do recinto. Desde alí o Concello deu a coñecer o seu patrimonio, as súas festas máis destacadas e a súa riqueza paisaxística e patrimonial.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Sober, protagonista na xornada de peche de Xantar