Así felicitan as festas en Sober

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

SOBER

Carlos Cortés

Veciños de diferentes colectivos desexan un bon Nadal e o mellor para o ano 2019 mediante vídeos publicados na conta de Facebook do Concello

26 dic 2018 . Actualizado a las 15:52 h.

A felicitación oficial de Nadal do Concello de Sober é este ano orixinal e participativa. En realidade, son diferentes felicitacións, todas en vídeo e protagonizadas por diferentes grupos de veciños. O resultado pódese ver na conta oficial de Facebook deste concello, que desde este sábado está publicado os diferentes vídeos gravados por diferentes colectivos, como as profesoras e nenos da gardería, os alumnos da escola municipal de teatro, a banda de música, veciños dalgunhas parroquias, futbolistas locais, ou os funcionarios municipais, co propio alcalde Luis Fernández Guitián á cabeza.

Os grupos de vecinos que tomaron parte nesta iniciativa promovida polo Concello deséxanlles aos espectadores, cada un á súa maneira, un bon nadal e un feliz ano 2019. Segundo a información facilitada polos portavoces municipais, nesta postal colectiva de Nadal participaron tamén os estudantes do colexio Virxe do Carme, o alumnado da Escola Municipal de Música, os rapaces das Merendas con Contos, o Coro Berea, a Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias, de Rosende, a residencia de maiores Virxe do Carme, e os veciños que acoden a ximnasia de mantemento, entre outros.

No vídeo no que aparece xunto cos funcionarios municipais, o alcalde convida aos seguidores do Concello de Sober en Facebook a aproveitar estas datas para "brindar con Amandi". O Concello de Sober supera os 6.000 seguidores en Facebook, o que o convirte nun dos municipios da provincia con máis audiencia nesta rede social.