Sober organiza un festival de Nadal que recolectará alimentos para familias con poucos recursos

La Voz

SOBER

CEDIDA

Será este venres e actuarán a Banda de Sober, os alumnos do colexio e da gardería, a escola local de teatro e o Coro Infantil e o Coro Berea

19 dic 2018 . Actualizado a las 18:59 h.

A Escola Municipal de Música de Sober ten preparado para este venres día 21 un Festival Solidario de Nadal no que está previsto que participen a Banda de Música de Sober, o alumnado do colexio Virxe do Carme, a gardería municipal, a Escola Municipal de Teatro, e o Coro Infantil e o Coro Berea. O festival celebrarase no Centro Sociocultural a partir das 18:00 horas e forma parte da programación que o Concello de Sober organiza con motivo do Nadal. Trátase dun festival solidario porque organizadores piden ao público que entreguen, a modo de entrada simbólica, un quilo de alimentos non perecedoiros "para axudar a aqueles que máis o precisen".