A Deputación mellora a LU-P-5903, de Sober a Doade

Os traballos supuxeron un investimento de 230.000 euros


O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou o remate das obras de mellora da estrada LU-P-5903 de Sober a Doade, financiadas polo Executivo Provincial cun investimento de 230.000 euros. Os traballos leváronse a cabo nun treito de 4,46 quilómetros dende o punto quilométrico 8,26 ata o 12,72, e consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, renovación da sinalización horizontal e vertical, e repintado. Campos Conde subliñou que «con esta actuación non só beneficiamos aos máis de 2.300 veciños de Sober, senón tamén aos milleiros de turistas que empregan esta estrada para acceder aos principais miradoiros do Canón do Sil e ás adegas. Trátase, polo tanto, dunha das principais vías de comunicación da Ribeira Sacra e tamén unha das máis transitadas durante as fins de semana e, especialmente, na época estival».

O Presidente engadiu que «dende o Goberno buscamos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, pois somos unha Deputación social, rural e comprometida coas persoas».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación mellora a LU-P-5903, de Sober a Doade