Una reforma protexerá as pinturas de Pinol

La Voz MONFORTE / LA VOZ

SOBER

CARLOS RUEDA

08 sep 2017 . Actualizado a las 12:22 h.

La Consellería de Cultura investirá 154.275 euros en melloras na igrexa de San Vicente de Pinol que servirán para protexer mellor as pinturas murais do século XVI que hai no interior deste edificio e o artesonado de madeira da súa cuberta. A sinatura do contrato para levar a cabo este proxecto foi publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Segundo as condicións do contrato, esta actuación na igrexa parroquial de Pinol ten que estar rematada en non máis de cinco meses, e inclúe entre outras cousas a eliminación da entrada de humidade pola cuberta e polo chan, e tamén a restauración da portada da igrexa, do rosetón, da escaleira de acceso á espadana, das carpinterías e ferraxería e da instalación eléctrica e o alumeado do interior deste templo.