O candidato á alcaldía do PP coordinará a organización da Feira do Viño de Quiroga 2023

QUIROGA

O actual alcalde, Julio Álvarez, encargarase da elección da persoa que dará o pregón e do resto da parte institucional
20 ene 2023 . Actualizado a las 17:47 h.A organización da Feira do Viño de Quiroga 2023 xa está en marcha. A comisión que se vai encargar de preparala reuniuse por primera vez este venres. Entre os seus integrantes hai novas incorporacións, unha delas a de José Manuel Pol, qué é a persoa designada polo Partido Popular como cabeza de lista nas eleccións municipais do próximo mes de maio. O actual alcalde, Julio Álvarez resérvase a tarefa de elixir pregoeiro, como vén facendo desde hai tempo.
Segundo a información facilitada polo Concello de Quiroga, a Feira do Viño de Quiroga, que este año fai 41 anos, celebrarase como é habitual en plena Semana Santa, en concreto os días 8 e 9 de abril, en plena Semana Santa. Os portavoces municipais anuncian novidades para esta edición da que é, como recordan no Concello, «a festa máis grande de Quiroga».
As primeiras desas novidades teñen que ver co propio traballo previo de preparación. Na comisión organizadora segue estando o alcalde, que se ocupará, como é habitual, do pregón e en xeral de toda a parte institucional.
Pero á comisión incorpóranse dous novos coordinadores. José Manuel Pol será o coordinador xeral. Con el e co actual alcalde traballará ademais Pablo González, da adega EDV, que será quen se encargue da parte vinícola da convocatoria.
A renovación na comisión da Feira do Viño de Quiroga era obrigada, porque unha das súas pezas fundamentais era o agora exconcelleiro de Cultura, José Luis Rivera, que deixou este cargo e o seu posto na corporación municipal hai uns meses por discrepancias co alcalde.
As novidades do ano pasado
Como nesta primeira xuntanza xa hai novidades organizativas, os portavoces do Concello auguran que tamén habrá propostas novas na Feira do Viño. E iso que o concepto de base da feira xa deu un cambio profundo no ano 2022.
O ano pasado, a primeira feira que se puido celebrar en Quiroga desde que comezou a pandemia xa viu como os adegueiros artesanais, que eran os protagonistas absolutos do certame desde a súa primeira edición, lle deron paso a adegas co selo da denominación de orixe Ribeira Sacra e de diferentes subzonas dese territorio, non só de Quiroga.

Guía con todo lo que hay que saber de la nueva Feira do Viño de Quiroga
Quiroga lo tiene ya todo listo para celebrar este fin de semana su feria del vino. Es la primera que se celebra en dos años y la que además estrena un cambio de de planteamiento fundamental. Hasta la edición del 2019, esta era la feria de los homenajes al vino de cosechero. La Feira do Viño de Quiroga cumple 40 años con cambio de esquemas, porque todas las bodegas que participan tienen el sello de la denominación de origen Ribeira Sacra y son de diferentes subzonas de este territorio, no solo de Quiroga.