Os Reis Magos chegarán este ano a Quiroga en coches descapotables

A cabalgata percorrerá a rúa Real o día 5 pola tarde

El final de la cabalgata de Reyes en Quiroga en el año 2018
El final de la cabalgata de Reyes en Quiroga en el año 2018

Os Reis Magos tamén farán este ano un percorrido polas rúas de Quiroga, pero para velos será preciso gardar coidadosamente as distancias. Ademais de aplicación das normas de saúde pública para evitar contaxios, a principal novidade da cabalgata de Reis deste 2020 en Quiroga será que Melchos, Gaspar e Baltasar non irán nas tradicionais carrozas, senón en coches descapotables.

A cabalgata do martes da semana que vén sairá ás seis da tarde das inmediacións da residencia da terceira idade e percorrerá a rúa Real. Desde o Concello, explican que a comitiva real circulará moi a modo "para que todos os nenos que agarden nas beirarrúas, gardando a distancia de seguridade na medida do posible, os poidan ver". Os Reis Magos irán acompañados de tres paxes, un por cada un deles, repartirán bolsas de lambetadas entre os nenos. os paxes usarán xel desinfectante e levarán luvas.

Antes da cabalgata, os tres magos achegaranse ata o centro de día e a residencia da terceira Idade, para saúdar dende fóra aos usuarios. Non entrarán porque os protocolos anti-covid restrinxe a entrada nestes tipo de centros nos que hai persoas maiors.

Os nenos de Quiroga terán a oportunidade ademaqis de facerlles chegar as súas cartas de peticións aos tres magos a través do buzón real, que estará instalado dende o sábado ata o luns no polideportivo municipal, en coincidencia coa festa infantil con inchables e pista de patinaxe.  

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Os Reis Magos chegarán este ano a Quiroga en coches descapotables