Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal de Quiroga

Segundo as últimas medicións, o lume queimou algo máis de 26 hectáreas

Imaxe do incendio na parroquia da Enciñeira á media mañá
Imaxe do incendio na parroquia da Enciñeira á media mañá

monforte / la voz

A Consellería de Medio Rural deu por extinguido ás 13.28 horas de hoxe o incendio forestal que se orixinou na madrugada de onte no municipio de Quiroga. Segundo as últimas medicións, o lume queimou un total de 26,05 hectáreas, das que 10,09 son de superficie arborada e 15,96 de monte raso. Nos traballos de extinción participaron dezaseis brigadas e catro axentes forestais, co apoio de cinco motobombas, unha escavadora, cinco helicópteros e tres avións.

Segundo as primeiras estimacións realizadas por Medio Rural, o incendio podería ter afectado ata trinta hectáreas.  Os terreos que resultaron calcinados atópase no territorio da parroquia da Enciñeira e, segundo o alcalde, Julio Álvarez, o lume tamén afectou ao municipio límitrofe de Larouco, na comarca ourensá de Valdeorras. O incendio comezou pasadas as dúas da madrugada e non se estabilizou até as 18.00 horas de nonte.

O municipio, durante a época do verán, adoita verse afectado por incendios forestais de importantes magnitudes. O pasado once de xullo foron calcinadas unhas dez hectáreas de superficie de arboredo, concretamente na parroquia de Vilar de Lor, nun incendio que se mantivo en activo aproximadamente unhas sete horas, ata que rematou sendo controlado.

Do mesmo xeito, en setembro do ano pasado, un lume orixinado na parroquia de Vilañán afectou máis de 150 hectáreas de monte. Previamente, durante o mes de xullo do mesmo ano, tamén se deron incendios -en repetidas ocasións- nas inmediacións da N-120, provocando cortes na circulación da estrada e na vía do tren.

En canto á xestión e o control da problemática existente cos incendios que se adoitan dar na zona, o alcalde do municipio apunta á importancia da responsabilidade individual e consiodera que, dentro das posibilidades, os efectivos de loita contra incendios en Quiroga son os axeitados. «É evidente que non pode haber un policía ou garda detrás de cada cidadá. Dentro do razoable, existe unha boa conxunción de medios contra a loita incendiaria forestal», afirma o rexedor.

El incendio de Quiroga quemó diez hectáreas de arbolado

Una vista aérea del incendio tomada desde una aeronave de la base de los servicios de extinción del monte Marroxo
Una vista aérea del incendio tomada desde una aeronave de la base de los servicios de extinción del monte Marroxo

El fuego quedó controlado antes de la medianoche, pero aún no se declaró como extinguido

El incendio forestal que se declaró ayer por la tarde en la parroquia de Vilar de Lor —en el municipio de Quiroga—, quemó unas diez hectáreas de superficie arbolada. Según precisó la Consellería de Medio Rural, el fuego se originó hacia las cinco y cuarto de la tarde y quedó controlado en torno a las 23.41 horas. En las labores de extinción participaron tres agentes y trece brigadas forestales, junto con siete motobombas. Mientras fue posible también colaboraron en las tareas cuatro helicópteros y dos aviones.

Por ahora el fuego no se ha declarado extinguido, ya que las brigadas forestales permanecen en el área afectada refrescando el terreno y vigilando la posible aparición de rebrotes. El siniestro es el primero que se registra en el sur lucense desde el inicio del verano y el segundo en importancia de los incendios forestales que se han producido en este territorio en lo que va de año. El primero se produjo en enero en el municipio de O Incio y quemó cerca de treinta hectáreas.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal de Quiroga