Faleceu Argentina Rodríguez, cantora popular de Margaride de Lor

Habitual do Filandón de Músicas do Courel, formou o trío Cantores da Seitura co seu irmán Emilio e con Julia Rodríguez

Argentina Rodríguez Pardo interpretando cantares de seitura na edición do 2019 do Filandón de Músicas do Courel
Argentina Rodríguez Pardo interpretando cantares de seitura na edición do 2019 do Filandón de Músicas do Courel

Hoxe pola tarde recibiu sepultura na parroquia quiroguesa de Margaride de Lor a cantora popular Argentina Rodríguez Pardo, que conservou a tradición local dos chamados cantos de seitura. A falecida, que contaba noventa anos, estaba viúva desde hai tempo e deixa unha filla. Natural de Margaride, Argentina Rodríguez viviu en Francia durante unha parte da súa vida e despois retornou para rexentar unha tenda en Quiroga.

Argentina Rodríguez formou o trío Cantores da Seitura co seu irmán Emilio —máis coñecido como Milín, xa falecido— e con Julia Rodríguez. Os tres cantores participaron como informantes e como intérpretes nun libro-disco sobre a música tradicional quiroguesa que preparou Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense. Aínda que nunca actuaron de forma profesional, os irmáns participaron habitualmente as edicións do Filandón de Músicas do Courel. En maio do 2013, os organizadores deste festival anual organizaron unha homenaxe pública aos tres compoñentes do trío Cantores da Seitura en recoñecemento ás súas achegas á música tradicional.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Faleceu Argentina Rodríguez, cantora popular de Margaride de Lor