«Un verso, un cantar», música e poesía en Quiroga con Queiman e Pousa

QUIROGA

Imaxe promocional do espectáculo «Un verso, un cantar», que se ofrecerá en Quiroga
Imaxe promocional do espectáculo «Un verso, un cantar», que se ofrecerá en Quiroga cedida

A compañía representará o xoves un espectáculo que homenaxea a literatura galega

20 ago 2019 . Actualizado a las 11:18 h.

A compañía Queiman e Pousa representará este xoves en Quiroga o espectáculo «Un verso, un cantar», nunha actuación que comezará ás 21.00 horas na praza de España. Segundo os responsables da compañía, o espectáculo é unha proposta que combina a música, o canto e a declamación e «que envolve o público nun halo elegante, creativo á vez que próximo, tanto polo sentimento que esconde tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitude do público que abarca». A representación baséase en textos de poetas galegos como Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Rivas.

O espectáculo é organizado polo Concello de Quiroga, a Sociedade de Xestión do Xacobeo e asociación de municipios Montañas do Courel.