A Xunta destina 760.000 euros en axudas para impulsar recursos turísticos da provincia

QUIROGA

Faranse 33 actuacións para mellorar rutas, acondicionar monumentos e crear mirdoiros

06 may 2019 . Actualizado a las 18:11 h.

A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver as axudas para entidades locais dirixidas a impulsar as infraestruturas turísticas no rural, que na provincia de Lugo suman un importe global de 760.000 euros para desenvolver 33 actuacións.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que este programa apoia actuacións de recuperación e sinalización de recursos turísticos e de mellora da accesibilidade, «co obxectivo de potenciar o turismo como factor de crecemento económico do rural galego e como instrumento de reequilibrio territorial».

En Lugo financia 31 solicitudes individuais doutros tantos concellos e dúas iniciativas conxuntas: A agrupación de concellos da comarca de Quiroga, cun proxecto para sinalizar o territorio do xeoparque Montañas do Courel ?recentemente declarado xeoparque mundial pola Unesco?, e a agrupación de Becerreá, As Nogais, Baralla e O Corgo para sinalizar a Vía Küning.

Balseiro sinalou que estes proxectos suman un investimento mobilizado de 1,2 millóns de euros, dos que a Xunta achega algo máis do 65%. Polo que respecta á distribución territorial, a maior parte dos proxectos desenvolveranse no sur da provincia (11 proxectos), seguido da Mariña (con 8).

Esta liña de axudas ampara medidas de rehabilitación ou restauración de construcións, elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas. Tamén o embelecemento dos accesos e do contorno, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros ou rutas, adecuación de aparcamentos, soterramento de contedores, eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións, e eliminación de barreiras de calquera tipo que dificulten o acceso de persoas con discapacidade ao recurso turístico e á información explicativa.

Reparto de 33 actuacións para recursos turísticos na provincia

Peticionario Acción Presuposto / Subvención Xunta

•Concello Ribadeo. Camiño do encanto fase II. 8.836,63 euros/ 6.627,47 euros

•Agrupación concellos Comarca de Quiroga. Sinalización territorio proxecto xeoparque Montañas do Courel. 24.587,54 / 15.981,90

•Concello Guitiriz. Recuperación da ruta da auga ao seu paso por San Alberte. 48.385,49 / 31.450,57

•Concello Friol. Afirmado e pavimentación do Camiño Real.- P.K 4.240 ao 7.140. 50.000 / 32.500

•Concello Mondoñedo. Proxecto de mellora de infraestruturas turísticas 2019. 72.809,15 / 45.000

•Concello Sober. Recuperación alpendres tradicionais na contorna do santuario de Cadeiras, Pino 48.427,98 / 31.478,19

•Concello Viveiro. Recuperación do mirador de Monte Faro-Viveiro. 38.203,48 / 24.832,26

•Concello A Fonsagrada. Mellora do Camiño de Santiago e do Albergue de Peregrinos no casco antigo. 30.921,83 / 20.099,19

•Concello O Vicedo. Creación dunha cuberta para aparcamento de bicicletas e descanso de persoas. 48.313,40 / 31.403,71

•Agrupación As Nogais-Becerreá-Baralla-O Corgo. Sinalización da ruta Vía Küning. 100.000 / 45.000

•Concello de Abadín. Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do Concello de Abadín. 12.100 / 7.865

•Concello de Barreiros. Infraestrutura turística de sinalización e accesibiliade. 44.991,93 / 29.244,75

•Concello de Guntín. Sinalización e adecuación entorno ruta río Ferreira a Ferreira de Pallares. 65.288,58 / 42.437,58

•Concello de Lourenzá. Mellora do quiosco do cantón de Vilanova de Lourenzá, no entorno do mosteiro. 21.997,80 / 14.298,57

•Concello de Palas de Rei. Mellora estética de instalacións no Camiño ao seu paso por Palas. 30.440 / 19.786

•Concello de Chantada. Promoción e mellora do PR-G 183. ruta dos viñedos de Belesar 13.650,01 / 8.872,51

•Concello de Pedrafita. Mellora de infraestruturas turísticas vinculadas ao Camiño de Santiago. 45.000 / 29.250

•Concello de Quiroga. Melloras en miradoiros e sinalización de áreas xeográficas no concello. 15.173,40 / 9.862,71

•Concello de Folgoso do Courel. Acondicionamento de recursos no concello. 48.299,15 / 31.394,45

•Concello de Riotorto. Mellora da accesibilidade aos recursos turísticos do concello. 15.730 / 10.224,50

•Concello de Ribas de Sil. Itinerarios do complexo arqueolóxico mineiro do Covallón e o dos Xeomiradoiros. 18.462,29 / 12.000,49

•Concello de Samos. Acondicionamento de aseos na Capela do Ciprés para oficina información. 25.535,42 / 16.598,02

•Concello de O Incio. Mellora da sinalización turística de diferentes puntos de interese do concello. 41.009,45 / 26.656,14

•Concello de O Valadouro. Sinalización de recursos turísticos no concello. 8.808,80 / 5.725,72

•Concello de A Pontenova. Área recreativa na marxe do río Eo. 13.535,08 / 8.797,80

•Concello de Cospeito. Interconexión entre a lagoa de Cospeiro e Feira do monte. 69.194,55 / 44.976,46

•Concello de Carballedo. Acondicionamento dos accesos á Igrexa de Chouzán. 11.858 / 7.707,70

•Concello de A Pobra do Brollón. Ruta pola Capela do San Vitoiro e a Mesa dos Catro Cabaleiros. 48.396,32 / 31.457,61

•Concello de Monforte. Iluminación Torre da Homenaxe e sinalización patrimonio cultural casco histórico. 62.362,76 / 40.535,79

•Concello de Triacastela. Tres carteis planimétricos para sinalización turística no núcleo de Triacastela. 6.007,65 / 3.904,97

•Concello de Pantón. Iluminación ornamental “Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón. 31.551,96 / 20.508,77

•Concello de O Saviñao. Iluminación igrexas Ribas de Miño, Diomondi, da Cova e da Devesa de Escairón.35.111,39/ 22.822,40

•Concello de Outeiro de Rei. Sinalización das rutas de senderismo do concello. 46.416,08 / 30.170,45

Total das inversións: 1.201.406,12 euros Total subvencións da Xunta: 759.471,68 euros