Susana Seivane e a orquestra Panorama, estrelas das festas de Quiroga

Os festexos comezarán o 8 de agosto e terán catro días de duración

Susana Seivane nun concerto de homenaxe ao poeta Manuel María celebrado na Coruña o pasado setembro
Susana Seivane nun concerto de homenaxe ao poeta Manuel María celebrado na Coruña o pasado setembro

A gaiteira Susana Seivane e a orquestra Panorama serán as principais atraccións musicais das festas de verán de Quiroga, que comezarán o 8 de agosto. A popular orquestra abrirá os festexos esa mesma xornada cunha actuación encadrada na súa xira Number One Tour, que será por outro lado a primeira desa temprada que ofreza o grupo no sur da provincia. Pola súa parte, Susana Seivane actuará nun festival de música folk que se celebrará o 10 de agosto. Entre ambas datas, o día 9 celebrarase dentro dos festexos o Día da Comunidade. Os responsables municipais sinalaron que durante os catro días das festas haberá outras actuacións musicais e actividades de animación e entretemento que aínda non están totalmente pechadas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Susana Seivane e a orquestra Panorama, estrelas das festas de Quiroga